Os personaxes

Dentro do edificio onde naceu a Árbore viven moitos personaxes, e se cadra aínda non os coñecemos todos. Cada un ten a súa propia maneira de ser, pero a curiosidade por saber da procedencia da semente é a mesma. Os que son máis curiosos queren saber que é o que hai alá arriba, no cumio da árbore. Así, os primeiros en gabear polo tronco son Matilde, Ton e Cósmico o gato, que viven a primeira das aventuras. A medida que o Vento vai contando historias, iremos descubrindo máis personaxes. Cantos serán?