ITINERANTES DO VENTO é un proxecto que a autora e contadora de historias Teresa González Costa está levando a cabo cuns amigos do Grove (Alberto, Tadeo M.G. E Viki). O proxecto naceu estes días coma un refoleo de vento que ten como cometido levarvos historias para que as escoitedes e poidades participar debuxando. Escritas e gravadas en Francia, preparadas logo en Galiza, as historias que vos presentamos son para escoitar a calquera momento, para todas as idades.