Aviso legal

O sitio web itinerantesdovento.com pertence a Teresa González Costa, con domicilio no Grove (Pontevedra). Podes porte en contacto comigo a través do correo electrónico treixavento@yahoo.com

A finalidade deste sitio web é a de ofrecer historias para escoitar dende a casa, para que as persoas usuarias as escoiten cantas veces desexen

Como responsable deste sitio web, comprométome a tratar a información das persoas usuarias cumprindo cos requisitos nacionais e europeos que regulan a recollida e uso de datos persoais de quen usa este sitio web

Este sitio web, polo tanto, cumpre rigorosamente con:

  • Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Personais e garantía dos dereitos dixitais. (LOPD)
  • Co Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, coñecido como o Regulamento de desenvolvemento da LOPD.
  • Co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas (RXPD)
  • Coa Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSICE ou LSSI).

Polo feito de acceder a este sitio web estás aceptando os seguintes termos de uso:

Termos de uso

Uso do sitio web

Como persoa usuaria de itinerantesdovento.com asumes plenamente a responsabilidade de facer un bo uso dos contidos e servizos nel presentes, e en especial:

  • Non difundir contido ou propaganda racista, xenófoba, pornográfica, de apoloxía ao terrorismo ou que atente contra os dereitos humanos.
  • Non provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de itinerantesdovento.com, de persoas provedoras ou de terceiras persoas, introducir ou difundir virus informáticos ou calquera outros que poidan provocar danos.
  • Non intentar acceder nin utilizar as contas de correo electrónico doutras persoas usuarias nin modificar ou manipular as súas mensaxes.
Propiedade intelectual e industrial

Non cedo ningún dereito de propiedade intelectual ou industrial sobre itinerantesdovento.com nin sobre ningún dos seus elementos integrantes, quedando expresamente prohibidos á persoa usuaria a reprodución, transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición do público, extracción, reutilización, reenvío ou a utilización de calquera natureza, por calquera medio ou procedemento, de calquera dos elementos deste sitio web, agás nos casos nos que estea legalmente permitido ou teñas a debida autorización da persoa titular dos correspondentes dereitos.

Calquera uso non autorizado previamente será considerado un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial da persoa autora.

A persoa usuaria deste web comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial que son titularidade de itinerantesdovento.com. Poderás visualizar os elementos do web e mesmo imprimilos, copialos ou almacenalos no disco duro do teu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa, única e exclusivamente, para o teu uso persoal e privado.

Debes absterte de suprimir, alterar, eludir ou manipular calquera medio de protección ou sistema de seguridade do que se faga uso en itinerantesdovento.com

Política de enlaces

Non me responsabilizo do mal uso que poidas facer deste sitio web nin do contido dos sitios web aos que enlazo fóra de itinerantesdovento.com

Tampouco son responsable de calquiera dano ou perda que poida ocasionarche acceder e usar calquera contido, produto ou servizo dispoñible en sitios web aos que che dirixan os enlaces aquí presentes.

En todo caso, se teño coñecemento efectivo de que a actividade ou a información á que se remite desde os enlaces deste sitio web é ilícita, constitutiva de delito ou pode lesionar bens ou dereitos doutras persoas, actuarei coa dilixencia necesaria para suprimir ou inutilizar os enlaces correspondentes coa maior brevidade posible.

Ao tratarse de sitios web xestionados por terceiras persoas, non podo garantir a dispoñibilidade nin o correcto funcionamento dos enlaces a outros sitios web desde itinerantesdovento.com

O uso dos enlaces neste sitio web ten unha finalidade informativa, non constituíndo en ningún caso unha invitación á contratación de produtos ou servizos que se ofrezan no sitio web de destino.

Estou totalmente en contra da práctica do hot-linking, polo que este sitio web non permite esta práctica coas imaxes que nel utilizo.

Modificación do contido legal

Estes termos de uso, así como o aviso legal ou calquera outra cláusula necesaria para o bo funcionamento do sitio web, poderán ser modificados cando o considere oportuno e coa finalidade de regular o seu uso.

Estas modificacións serán notificadas convenientemente, sendo válidas desde a súa publicación neste sitio web.

Datos persoais que se tratan neste sitio web

Neste web non se trata ningún dato persoal.

Medidas de seguridade

Os datos persoais comunicados por quen usa este sitio web a itinerantesdovento.com son almacenados en bases de datos, cuxa titularidade corresponde a Teresa González Costa, asumindo esta todas as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garanten a confidencialidade, integridade e calidade da información contida nas mesmas, conforme ao establecido na normativa vixente en protección de datos.
A comunicación entre as persoas usuarias do sitio web e a itinerantesdovento.com utiliza unha canle segura, e os datos transmitidos son cifrados grazas ao uso de protocolos de seguridade (https), polo que garanto as condicións de seguridade oportunas para a confidencialidade dos datos das persoas usuarias do sitio web.

Plataforma de resolución de conflitos

Poño a disposición das persoas usuarias a plataforma de resolución de litixios que facilita a Comisión Europea e á que se pode acceder desde o seguinte enlace: https://ec.europa.eu/consumers/odr/

Contacto

Para aclarar calquera dúbida sobre o contido deste aviso legal, podes contactar comigo a través do enderezo de correo treixavento@yahoo.com

Data da última actualización deste aviso legal: 2 de marzo de 2020